José Antonio Rubal Pernas (O Valadouro, 1964). Actor, adaptador e director de dobraxe desde 1985, responsable da versión galega de filmes como Pulp Fiction, Apocalypse Now, Ghandi, V de Vendetta, As normas da casa da sidra ou Escuadrón suicida, e de series como A Nanny, O príncipe de Bel-Air, Heidi ou Marco. Voz habitual en galego, entre outros, de Alain Delon, Ben Affleck e Daniel Craig e do personaxe de Son Goku (As bólas máxicas). Foi profesor de dobraxe no título propio de Especialista en Dobraxe da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. 

O seu traballo de adaptación en Des e É pecado valeulle para resultar finalista na categoría de Mellor tradución e adaptación para dobraxe en galego para cinema, TV, DVD ou plataforma en liña nos XIII Premios ATRAE. 

Antón Rubal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *