Nacín en Ferrol en 1963. Son titulado en maxisterio na especialidade de ciencias. Mentres estudaba traballei de cantante de orquestra e de locutor de radio. A finais dos anos oitenta fixen un curso de dobraxe do INEM (antigo instituto nacional de emprego) e desde entón dedícome a esta actividade como actor e como director. Durante a miña carreira realicei innumerables traballos para cine e televisión tanto en galego como en castelán. En galego son a voz habitual de grandes actores como Tom Hanks, Denzel Washington, John Travolta, Jim Carrey, ou Pierce Brosnan entre moitos outros. 

O seu traballo de adaptación en A canción do mar valeulle para resultar finalista na categoría de Mellor tradución e adaptación para dobraxe en galego para cinema, TV, DVD ou plataforma en liña nos XIII Premios ATRAE 

Andrés Bellas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *