José Antonio Rubal Pernas (O Valadouro, 1964). Actor, adaptador e director de dobraxe desde 1985, responsable da versión galega de filmes como Pulp Fiction, Apocalypse Now, Ghandi, V de Vendetta, As normas da casa da sidra ou Escuadrón suicida, e de series como A Nanny, O príncipe de Bel-Air, Heidi ou Marco. Voz habitual en galego, entre outros, de Alain Delon, Ben Affleck e Daniel Craig e do personaxe de Son Goku (As bólas máxicas). Foi profesor de dobraxe no título propio de Especialista en Dobraxe da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
O seu traballo de adaptación en Des e É pecado valeulle para resultar finalista na categoría de Mellor tradución e adaptación para dobraxe en galego para cinema, TV, DVD ou plataforma en liña nos XIII Premios ATRAE.
