Foto - Rosa CamiñaO meu nome é Rosa M.ª Camiña Pérez, teño (xa!) 63 anos e son tradutora. 

Son licenciada en Filoloxía Hispánica pola UNED e en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Empecei a traballar en tradución audiovisual (moito antes de licenciarme e por casualidade) o mesmo ano que se inaugurou a TVG, en 1985; é dicir, que levo 40 anos traballando nisto. En 1994 formei con dous amigos unha axencia de tradución, que ten xa 30 anos e conseguiu sobrevivir ata agora. O meu campo de traballo ampliouse dende aquela enormemente e xa non me centro só no audiovisual senón en moitos outros eidos, moi interesantes e enriquecedores tamén. Mais o meu primeiro amor segue a ser a tradución para dobraxe e subtitulado: un desafío, unha dor e un pracer a un tempo. 

O seu traballo de tradución en Des valeulle para resultar finalista na categoría de Mellor tradución e adaptación para dobraxe en galego para cinema, TV, DVD ou plataforma en liña nos XIII Premios ATRAE. 

Rosa Camiña Pérez

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *