Elena Martín Lores é realizadora audiovisual, xornalista e tradutora. Ten un Máster en Tradución e Novas Tecnoloxías pola Universidade Oberta de Catalunya (UOC) e está especializada en subtitulado e tradución audiovisual de xaponés e inglés. Realiza a subtitulación dos seus proxectos documentais, como «Arinomoude», sobre as pontes culturais entre Galicia e Xapón a través das rutas de peregrinaxe.
Cofundadora da cooperativa de comunicación Xarda, colabora con medios como O Salto Galiza, GCiencia, Píkara Magazine ou Vinte, onde ten publicado pezas sobre tradución e intelixencia artificial, ademais de cubrir temáticas ambientais, feminismos, dereitos LGBTIQ+ e loitas rurais.
Viviu en Osaka entre 2014 e 2018, experiencia que marcou tanto o seu traballo de tradución como a súa obra creativa e documental. Tamén é cocreadora do podcast de cine «O Teleclube».
Forma parte do xurado de subtitulación e dobraxe ao galego nos XIV Premios ATRAE.
