Cando Manuel rematou a carreira de Filoloxía Inglesa en Santiago, tivo a mala sorte de bater cun grupo de aspirantes a dobradores que o arredaron do bo camiño e dirixiron os seus pasos cara á tradución audiovisual. Dende principios dos 90 traduciu unha longa sarta de series, películas e documentais para a TVG, ademais do seu labor subtitulando para Netflix e outras plataformas. Posteriormente especializouse en tradución de software e tecnoloxía da información, e traballa para grandes axencias como Smartling e RWS, onde dirixiu durante varios anos o equipo de tradución ao galego dos produtos de Google. Malia todo, non perde a esperanza e espera retomar algún día o bo camiño…
O seu traballo de tradución en É pecado valeulle para resultar finalista na categoría de Mellor tradución e adaptación para dobraxe en galego para cinema, TV, DVD ou plataforma en liña nos XIII Premios ATRAE.
