A canción do mar «A canción do mar, que foi unha delicia traducir, é un filme fermoso e non exento de dificultade, porque nos produtos para o público infantil o tradutor ten que botar man de todos os recursos que ten para transmitir con claridade o que expresa o orixinal, cunha linguaxe sutil e libre de artificio. 

Esa, precisamente, creo que é a mellor arma contra a nova ameaza que se nos vén enriba, a da IA. Unha máquina pode recompilar e combinar milleiros de palabras e cadeas de frases, pero nunca dará transmitido o sentimento nin terá a sensibilidade para interpretalo do tradutor humano.»

Luísa Lage (traducción)

«Recordo un día, xa hai anos, que estaba dobrando uns takes nunha serie de debuxos animados traducida por Luísa que eu adaptara e dirixía. Ao rematar a gravación dun dos takes mirei cara a cabina do técnico e alí, a carón del, estaba Luísa, sorrindo. O recordo dese sorriso de aprobación gárdoo na memoria como un dos máis grandes recoñecementos que recibín polo meu traballo.»

Andrés Bellas (adaptación)

Finalistas en la categoría Mejor traducción y adaptación para doblaje en gallego

A canción do mar

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *