Chámome Luísa Lage Garea, son de Chantada (Lugo), e despois de moitas idas e vidas, cursei os estudos de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo. Son da primeira promoción, cando todo estaba por facer nesa carreira. 

Levo preto de 30 anos traballando maiormente como tradutora audiovisual, e nese tempo vin cambiar esta profesión por mor das crises, das novidades na tecnoloxía e da aparición das plataformas audiovisuais, as cales ampliaron moito o campo de traballo e lles deron a linguas coma o galego un pulo para a súa difusión. 

Tocante ás obras que tiven a sorte de poder traducir, en case 30 anos foron moitas, pero entre as máis recentes están, por exemplo, series como Toda a luz que non vemos, Teenage Euthanasia, A patrulla canina ou As aventuras de Paddington, e filmes como Ferrari, The Beekeeper, O fillo, Borderlands, Xogo de ladróns: Pantera, A batalla esquecida ou American Gangster. 

 O seu traballo de tradución en A canción do mar valeulle para resultar finalista na categoría de Mellor tradución e adaptación para dobraxe en galego para cinema, TV, DVD ou plataforma en liña nos XIII Premios ATRAE. 

Luísa Lage

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *