Des «O primeiro que me veu á cabeza cando me pediron que traducise a serie De e me puxen a vela foi: «Por que raio me teñen que tocar a min este tipo de series tan deprimentes e desasosegantes? E por riba baseada en feitos reais!» Des é unha serie excelente, pero moi desacougante, que te fai pensar en que tipo de persoas somos os seres humanos, de que podemos ser capaces e que lazos nos unen ou nos separan dos demais. 

Elucubracións á parte, o desafío neste caso (como é frecuente nas series británicas deste estilo) consistía en reflectir coa maior naturalidade posible uns diálogos que se caracterizaban precisamente por iso. Non había ningunha característica que salientar, ningún trazo particular que recalcar sobre o que chamar a atención. A dificultade estaba en dotar de expresividade esa sobria normalidade das frases e en lograr unha contención respectuosa co orixinal, pero que fluíse cara ao espectador. 

Ah, si, tamén recordo que tiven que contactar cunha amiga avogada para que me axudase a verter coa maior corrección posible os diálogos das sesións do xuízo, dado que seguramente estarían extraídos das propias actas. Aquí non se podía recorrer ó de: «Ten vostede a palabra, señor fiscal». 

En resumo, a serie é moi boa e interesante, pero vivan as películas clásicas con final feliz! »

Rosa Camiña (traducción)

«A tradución de Rosa Camiña facilitoume o traballo en gran medida. De principio unha historia tan truculenta imponche un pouco de respecto, pero a medida que ía traballando co texto a sensación de naturalidade, dentro da complexidade dalgúns personaxes, foi tomando corpo. Era como poñerlle música a unha excelente letra. Gocei moitísimo con este traballo.»

Antón Rubal (adaptación)

Finalistas en la categoría Mejor traducción y adaptación para doblaje en gallego

Des

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *