Des que descubriu de adolescente que María Alonso Seisdedos puña o galego no mundo e recreaba o mundo en galego nas súas fabulosísimas traducións para dobraxe, Manuel Arca Castro soñou con gañar o pan do mesmo modo. Fillo de mestra e de ourive, deixou á solta a súa sensibilidade na tradución de títulos cinematográficos como Annie Hall (1977), O derradeiro dos mohicanos (1992), Sicario (2015), The Florida Project (2017), 1917 (2019) ou Os padriños máxicos! Un desexo novo (2024) que, segundo el, «non quedaron mal de todo». Non ten madía maior ca evitar que a pragmática e a expresividade do inglés inunden os textos traducidos e afoguen o xenio da lingua.
Nos XII Premios ATRAE alzouse gañador pola tradución para dobraxe de Puñais polas costas.
O seu traballo de tradución en The Gentlemen: Os señores da mafia valeulle para resultar finalista na categoría de Mellor tradución e adaptación para dobraxe ao galego nos XIV Premios ATRAE.
