![]()
«Todas as obras teñen dificultades para trasladalas a outro idioma, no caso de Frankenstein o complicado foi manter o rexistro alto do orixinal sen caer no exceso e buscar formas de condensar a gran cantidade de contido dalgúns discursos para adaptalo ao ritmo da nosa fala sen que perdese significado. Nesa última parte agradezo moito a dirección de Tere Santamaría, que foi moi respectuosa co meu texto e sempre aborda todos os traballos con meticulosidade e agarimo».
Luísa Lage Garea (traducción)
«Gardo un recordo moi gratificante do axuste desta película, non só pola marabillosa historia que Mary Shelley nos regalou, nin pola adaptación que Guillermo del Toro fixo tan maxistralmente dese libro, se non polos momentos de complicidade que a súa tradutora, Luísa Lage, e eu tivemos ao longo do proceso de adaptación.
Dado que o rexistro lingüístico da tradución era tan elevado, intentei pola miña parte, non sei se con éxito, imprimirlle aos personaxes ese carácter propio da elegancia da linguaxe das películas de época do cine clásico.
Sempre é unha delicia traballar con Luísa e con películas coma esta».
Teresa Santamaría (adaptación)
Finalistas en la categoría Mellor tradución e adaptación para dobraxe ao galego

