Charo Pena

Pertenzo ao sector audiovisual dende o ano 1985, no que empecei a miña actividade como adaptadora, directora e actriz de dobraxe.

Agora que ando o camiño do adeus a unha profesión pola que só sinto afecto e respecto, agradezo o privilexio que supuxo aprender ao longo dos anos a valorar o intenso traballo que se realiza en cada etapa do proceso de creación dunha versión dobrada.

Distinguir o común do valioso: esa foi a maior das aprendizaxes. Grazas a ela, non dubido en admirar a quen decide dar o mellor da súa competencia profesional na procura do traballo de calidade. Quizais aínda que ninguén llo esixa. Quizais realizándoo en condicións laborais apremiantes ou mesmo hostís.

Despois de corenta anos, son moitísimas as adaptacións que me pasaron polas miñas mans: Amadeus, Drácula de Bram Stoker, Hook, O capitán Garfo, O graduado, Apocalypse Now, A lista de Schindler, A que non sabes quen ven cear esta noite?, O paciente inglés, A lingua das bolboretas, Amores perros, Million dollar baby, Sentido e sensibilidade, Os luns ao sol, as cinco primeiras entregas da saga Harry Potter,  Blue Jasmine,  Mad Max: Furia na estrada, A sombra da lei, Código emperador, Fatum, Paddington, Proxecto Florida, RockNrolla, Sicario, Rei Artur: A lenda de Excalibur, Sherlock Holmes: xogo de sombras, Skyfall, Misery, Ponyo no cantil…

Nos XII Premios ATRAE alzouse gañadora pola adaptación para dobraxe de Puñais polas costas.

O seu traballo de adaptación en The Gentlemen: Os señores da mafia valeulle para resultar finalista na categoría de Mellor tradución e adaptación para dobraxe ao galego nos XIV Premios ATRAE

 

 

Charo Pena

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *