«Recibir o encargo de traducir O estado eléctrico foi unha inmensa alegría. Son fan da ciencia ficción desde ben pequena, desde 1977 exactamente, cando vin a peli que daquela chamabamos “A guerra das galaxias”. Xa que logo, poder traballar “nunha de robots”, como me dixeron cando ma asignaron, para min foi un agasallo. Trátase dunha peli moi dinámica, con diálogos rápidos, retrousos e xogos de palabras, das que sempre gusta traducir. Mais tamén, neste mundo de IA incipiente no que estamos, penso que é unha peli moi recomendable, que nos permite reflexionar sobre os perigos, -que ben coñecemos os tradutores-, desta ferramenta que antes semellaba do futuro e que xa está aquí».

 

 

Magdalena Sánchez Álvarez (traducción)

«Fíxome moitísima ilusión compartir de novo con Magdalena Sánchez unha nominación aos Premios ATRAE. A vez anterior foi cunha película de animación moi divertida, Nimona, e desta volta con O estado eléctrico, un filme que nos leva a un futuro cada vez máis real onde a IA, irremediablemente, domina o mundo.

Seduciume moito a expresividade de todos os humanoides que interveñen na película, cunhas interpretacións maxistrais que fixeron que o traballo de dobraxe fose máis fácil.

Cambiar impresións con Magdalena buscando o térmo máis acaído para cada situación ou atopar o chiste adecuado para cada personaxe (moito lle demos ao caletre con algún deles) fixo que pasaramos momentos moi divertidos. Sempre é un luxo traballar con ela».

Teresa Santamaría (adaptación)

Finalistas en la categoría Mellor tradución e adaptación para dobraxe ao galego

O estado eléctrico

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *