![]()
«Penso neste filme e recordo á perfección o traballiño que me deu o monólogo inicial do chantaxista que encarna Hugh Grant. O guión é de comezo a cabo un exercicio de estilo que nos traslada na mesma oración da máis requintada aristocracia aos baixos fondos londinienses, sazonado todo dunha riquísima expresividade. Así, igual que os personaxes escapan das convencións sociais, son moitas as voces da versión galega que superan o dicionario da Academia porque non lles queda outra: canfrós, maruquiña, mazacollóns, negrallo, perrecho, xuntaletras… Os mafiosos falan coma a xente e pronuncian intervencións tan anódinas en aparencia pero remoídas ata a obsesión como «Que hostia tiña na cabeza?», «Nin que Michael non gañase a fama a pulso» ou «Un caramelo non che apetece?». Por se quixesen máis, tamén ofrece aliteracións, cancións infantís, consonancias, duplos sentidos, oxímoros, referencias intertextuais… e, por riba de todo, humor a varrela».
Manuel Arca Castro (traducción)
«Unha magnífica tradución permitía unha adaptación manexable e segura. E na sala… a desfrutar da interpretación! Moito rimos en case todas as escenas. Recordo en concreto as que rodean a grella do xardín. Que bos actores e que bos actores de dobraxe! Un exercicio de optimismo».
Charo Pena (adaptación)
Finalistas en la categoría Mellor tradución e adaptación para dobraxe ao galego

