Manuel Arca CastroDes que descubriu de adolescente que María Alonso Seisdedos puña o galego no mundo e recreaba o mundo en galego nas súas fabulosísimas traducións para dobraxe, Manuel Arca Castro soñou con gañar o pan do mesmo modo. Fillo de mestra e de ourive, deixou á solta a súa sensibilidade na tradución de títulos cinematográficos como Annie Hall (1977), O derradeiro dos mohicanos (1992), Sicario (2015), The Florida Project (2017), 1917 (2019) ou Os padriños máxicos! Un desexo novo (2024) que, segundo el, «non quedaron mal de todo». Non ten madía maior ca evitar que a pragmática e a expresividade do inglés inunden os textos traducidos e afoguen o xenio da lingua.

O seu traballo de tradución en Puñais polas costas valeulle para revelarse gañador na categoría de Mellor tradución e adaptación para dobraxe en galego para cinema, TV, DVD ou plataforma en liña nos XII Premios ATRAE.

Forma parte do xurado de dobraxe e subtitulación ao galego nos XIII Premios ATRAE.

 

Manuel Arca Castro

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *